¿Tu qué sabes dos milleiros de horas,
dos séculos que fixeron falla
pra que os teus seos soporten agora a luz
nun equilibrio perfeito,
pra que iluminen esta milagrosa estancia?
¿E ise gran esforzo de infinitos instantes
pra pulir o marfil das túas coxas
e pra que a túa frente
poida ser coroada polas rosas?
Milleiros de días e de noites
pra que o seixo dos teus pes
seña case lenes alas.
Pra que a túa voz non pese no aire,
cántas ferramentas se teñen cegado.
Cántos silencios
pra que agora poidan as túas maos
cortar unha rosa na noite.
Cánto tempo ollando ó ceo i á terra,
cántas olladas perdidas
pra que agora
poidas bagoar docemente.
Luís Pimentel en Sombra do aire na herba
Este blog naceu como ferramenta didáctica, para poder dispoñer en rede dos textos dos nosos e das nosas poetas, a fin de que estean dispoñibles para a súa lectura dixital.
Etiquetas
- A. López Casanova (1)
- Amado Carballo (2)
- Antonio Noriega Valera (4)
- Antón Lopo (1)
- Aquilino Iglesia Alvariño (5)
- Arcadio López Casanova (2)
- Bernardino Graña (1)
- Cabanillas (13)
- Celso Emilio Ferreiro (19)
- Chus Pato (1)
- Curros Enríquez (6)
- Eduardo Pondal (2)
- Euxenio Montes (2)
- Fermín Bouza-Brey (2)
- Lois Pereiro (2)
- Luz Pozo Garza (2)
- Luís Pimentel (7)
- Luís Seoane (6)
- Manuel Antonio (11)
- Manuel Luís Acuña (3)
- Manuel María (1)
- Manuel Rivas (2)
- Marta Dacosta (1)
- María do Cebreiro (1)
- Mª Xosé Queizán (2)
- Méndez Ferrín (6)
- Olga Novo (2)
- Pilar Pallarés (1)
- Pimentel (1)
- Rompente (1)
- Rosalía de Castro (19)
- Uxío Novoneyra (2)
- Xela Arias (1)
- Xohana Torres (1)
- Xosé M. Álvarez Blázquez (3)
- Xosé María Díaz Castro (1)
- Álvarez Blázquez (1)
- Álvaro Cunqueiro (13)
No hay comentarios:
Publicar un comentario