28 nov 2013

Álvaro Cunqueiro: Retrato: "Cabeza de home" de Antonello de Messina

Alguén dixo que a súa mirada é desdeñosa.
Indiferente sorrí ás xeracións que pasan
e xulga, sen amosalo,
e sen que poidamos sospeitar que ao mellor leva
peso de mortes na conciencia súa.
O home, un non sei que de luxurioso,
unha fina crueldade, un esculcarte
deica o fondo do sangue e dos xardíns
do pensamento, e do soño. Búlrase
dos séculos e dos anxos, e de todo
o que non dura, porque el é eterno.

Álvaro Cunqueiro en Herba de aquí e acolá

No hay comentarios:

Publicar un comentario