17 may 2013

"Eu ben vin estar o moucho" de Rosalía de Castro

Seguimos coa celebración dos 150 anos de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Nesta ocasión veredes o traballo realizado en stop-motion polo alumnado de 1º de BAC do curso 2012-2013, unha animación para o poema 16 de Cantares . As figuriñas, realizadas por eles mesmos, están feitas con plastilina. Un gran traballo. Parabéns para eles.

Vídeopoema para celebrar os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos

Este ano celebramos os 150 anos da publicación do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro, o 17 de maio de 1963, libro que inaugura o Rexurdimento das letras galegas. Para conmemoralo fixemos unha lectura colectiva de poemas. Aquí vos deixo os vídeos coas fotos.