Meu amigo foi ruar
ai amor! noite descida.
A noiva tiña unha sombra
ai amor! color cantiga.
A noiva tiña un froleiro
ai amor! con vidros rotos,
pontes de ríos despertos
ai amor! nos seus fros soltos.
Meu amigo tiña un medo
ai amor! de aramios negros,
aramios de sangue pecho...
ai amor! e ar amarelo.
Qué medo vello brincando
ai amor! mans de ledicia.
Risas quebradas nos dedos
ai amor! noite dormían.
A fiestra tiña laranxas,
ai amor! qué medo tiña.
A noiva tiña unha fenda,
ai amor! qué fonte fría.
Qué noiva do meu amigo
ai amor! qué amor primeiro.
Choraban os varandais
ai amor! lonxe do leito.
Choraban os anxos verdes
ai amor! nas galerías.
Amabres lúas nouturnias,
ai amor! qué noiva tiña.
Meu amigo foi ruar
ai amor! noite perdía.
Os ollos cortados núos,
ai amor! qué romería!
Álvaro Cunqueiro en Cantiga nova que se chama riveira
Este blog naceu como ferramenta didáctica, para poder dispoñer en rede dos textos dos nosos e das nosas poetas, a fin de que estean dispoñibles para a súa lectura dixital.
Etiquetas
- A. López Casanova (1)
- Amado Carballo (2)
- Antonio Noriega Valera (4)
- Antón Lopo (1)
- Aquilino Iglesia Alvariño (5)
- Arcadio López Casanova (2)
- Bernardino Graña (1)
- Cabanillas (13)
- Celso Emilio Ferreiro (19)
- Chus Pato (1)
- Curros Enríquez (6)
- Eduardo Pondal (2)
- Euxenio Montes (2)
- Fermín Bouza-Brey (2)
- Lois Pereiro (2)
- Luz Pozo Garza (2)
- Luís Pimentel (7)
- Luís Seoane (6)
- Manuel Antonio (11)
- Manuel Luís Acuña (3)
- Manuel María (1)
- Manuel Rivas (2)
- Marta Dacosta (1)
- María do Cebreiro (1)
- Mª Xosé Queizán (2)
- Méndez Ferrín (6)
- Olga Novo (2)
- Pilar Pallarés (1)
- Pimentel (1)
- Rompente (1)
- Rosalía de Castro (19)
- Uxío Novoneyra (2)
- Xela Arias (1)
- Xohana Torres (1)
- Xosé M. Álvarez Blázquez (3)
- Xosé María Díaz Castro (1)
- Álvarez Blázquez (1)
- Álvaro Cunqueiro (13)
No hay comentarios:
Publicar un comentario