11 abr 2013

Vivien Leigh recita Rosalía: A xusticia pola man

Pois aquí vos a Vivien Leigh, a protagonista de Gone with the wind (Foise co vento), recitando un fragmento do famoso poema de Rosalía de Castro "A xusticia pola man". Un experimento divertido. Ah, a voz da dobradora é a miña!

Xogando coa tecnoloxía


A tecnoloxía permítenos facer xogos literarios. Dito e feito: aquí tedes o cartel da nosa película A xustiza pola man" interpretado no seu papel principal por Vivien Leigh, a protagonista de Gone With the Wind (Foise co vento). De momento temos o póster. O da película é un proxecto, pero todo chegará...

7 abr 2013

Aquí vos deixo un poema de Antón Lopo, un dos meus poetas actuais preferidos onde xoga co dobre sentido con moito humor. 
Poema de Antón Lopo on PhotoPeach