Este blog naceu como ferramenta didáctica, para poder dispoñer en rede dos textos dos nosos e das nosas poetas, a fin de que estean dispoñibles para a súa lectura dixital.
Etiquetas
- A. López Casanova (1)
- Amado Carballo (2)
- Antonio Noriega Valera (4)
- Antón Lopo (1)
- Aquilino Iglesia Alvariño (5)
- Arcadio López Casanova (2)
- Bernardino Graña (1)
- Cabanillas (13)
- Celso Emilio Ferreiro (19)
- Chus Pato (1)
- Curros Enríquez (6)
- Eduardo Pondal (2)
- Euxenio Montes (2)
- Fermín Bouza-Brey (2)
- Lois Pereiro (2)
- Luz Pozo Garza (2)
- Luís Pimentel (7)
- Luís Seoane (6)
- Manuel Antonio (11)
- Manuel Luís Acuña (3)
- Manuel María (1)
- Manuel Rivas (2)
- Marta Dacosta (1)
- María do Cebreiro (1)
- Mª Xosé Queizán (2)
- Méndez Ferrín (6)
- Olga Novo (2)
- Pilar Pallarés (1)
- Pimentel (1)
- Rompente (1)
- Rosalía de Castro (19)
- Uxío Novoneyra (2)
- Xela Arias (1)
- Xohana Torres (1)
- Xosé M. Álvarez Blázquez (3)
- Xosé María Díaz Castro (1)
- Álvarez Blázquez (1)
- Álvaro Cunqueiro (13)
28 nov 2013
Celso Emilio Ferreiro: Falareivos de min
Falareivos de min anque me doan
as escuras raíces dos meus soños.
Celso Emilio me chaman pero eu teño
outros nomes máis irtos apuntados
nun rexistro de ventos polifónicos
cun fondo musical de frauta triste.
Meus nomes sin palabras. Mainamente,
de par en pr abertas sempre as portas,
espallándome vou polos camiños
co corazón aceso en cen abrentes,
nas maus a luz, nos ollos margaridas,
e unha piedá de río sin orelas.
Neno que fun e son, pésanme os anos
cangados de minutos e de días,
de beixos e de cárceres. Cadeas,
lóstregos, vermes, homes en ringleira
baixo a chuvia, isa frol nada no outono.
Lonxana primavera nunca volta,
que nun intre vivín de pedra ou arbre,
canle de Dios que cara o mar me leva,
xílgaro azur, ronseles do pasado,
feridas coma labres no remorso:
Andando vou, alporizado o corpo
nun latexo sin fin que me agriloa.
Eisí me chamo eu. En fume escritos
os meus nomes están. Vádeos decindo
cun fondo musical de frauta triste,
de bágoas esbarradas
petándome decote nas pupilas.
Vádeos decindo en verbas pequeniñas
coma coitelos fríos pola gorxa.
Non me chame ninguén por outros nomes,
alcumes meus en fírgoas entrevistos,
escura voz dun soño sulagado.
Celso Emilio Ferreiro en O soño sulagado
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario