23 sept 2019

Cabanillas, poema XXIII

          XXIII
Non, non renegues do amor.
Nos seus brazos recolliche
o teu encanto maior:

quedouche da noite aquela,
nos ollos, alumeante,
o resplandor dunha estrela!

Cabanillas, en A rosa de cen follas (1927)

CABANILLAS, Inda nos meus beizos arde

                         V
Inda nos meus beizos arde
con labaradas de frebe
o bico daquela tarde.

Que puxeche nel non sei.
Tempo e tempo que vivira
doutro mal non morrerei!

Cabanillas: A rosa de cen follas (1927)
 Resultado de imagen de beso artístico