2 dic 2021

Mª Xosé Queizán: "A amante nunca ten dentes postizos"

 A amante nunca ten dentes postizos

graus no nariz

pelos nas coxas

gorduras nos cadrís.

Á amante nunca lle inchan os ollos ao dormir.

O poeta ama a perfección

non te ama a ti.

Es idealización

mito

metáfora da metáfora.


De non seres perfecta como te amarían?


En Metáfora da metáfora (1991)

Xohana Torres "Penélope"

 

"PENÉLOPE"

DECLARA o oráculo:

«QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.

QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.

QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.

QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR.»

                    En Tempos de ría (1992)