Ao chegar eiquí,
a iste mundo desmesurado das Américas,
os cativos badúas de estatura standard
perderon a súa escada de valores,
os seus conceitos pedáneos,
as súas creenzas badocas
i as súas ideas túzaras de horteras.
A perda non foi grande.
O malo foi
que as andorgas valeiras enchéronnas
co refugallo dunha sociedá en desfeita
e coas angueiras podres
dos homes prostituidos pola indiñidade:
cerebre standard,
esprito standard,
cobiza standard...
O pouco que os cativos badúas
tiñan de povo
morréu eiguí dunha enchente
de carne de marráu á criolla
compangada con coca-cola.
Non choremos por eles,
que a natureza é moi sabia.
Celso Emilio Ferreiro en Viaxe ao país dos ananos
Este blog naceu como ferramenta didáctica, para poder dispoñer en rede dos textos dos nosos e das nosas poetas, a fin de que estean dispoñibles para a súa lectura dixital.
Etiquetas
- A. López Casanova (1)
- Amado Carballo (2)
- Antonio Noriega Valera (4)
- Antón Lopo (1)
- Aquilino Iglesia Alvariño (5)
- Arcadio López Casanova (2)
- Bernardino Graña (1)
- Cabanillas (13)
- Celso Emilio Ferreiro (19)
- Chus Pato (1)
- Curros Enríquez (6)
- Eduardo Pondal (2)
- Euxenio Montes (2)
- Fermín Bouza-Brey (2)
- Lois Pereiro (2)
- Luz Pozo Garza (2)
- Luís Pimentel (7)
- Luís Seoane (6)
- Manuel Antonio (11)
- Manuel Luís Acuña (3)
- Manuel María (1)
- Manuel Rivas (2)
- Marta Dacosta (1)
- María do Cebreiro (1)
- Mª Xosé Queizán (2)
- Méndez Ferrín (6)
- Olga Novo (2)
- Pilar Pallarés (1)
- Pimentel (1)
- Rompente (1)
- Rosalía de Castro (19)
- Uxío Novoneyra (2)
- Xela Arias (1)
- Xohana Torres (1)
- Xosé M. Álvarez Blázquez (3)
- Xosé María Díaz Castro (1)
- Álvarez Blázquez (1)
- Álvaro Cunqueiro (13)
No hay comentarios:
Publicar un comentario