11 oct 2019

CABANILLAS: "¡Alma nacional e ardente!"


!Alma nacional e ardente
canta anque che custe bágoas!
!Teus cantares son semente!

¡Astra que os ladróns enxorden,
entre as cantigas que bican
pon as que feren e morden!

Está cativa a roseira,
mais, despois de tanto inverno...
¡Galicia ha ter primaveira!

¡Xa sei, xa sei que fan falla
moitas fouces, moitos mistos
e moitos feixes de palla!

¡Axiña esperta Galicia
que xa se escupe ós caciques
e fai ruxir a inxusticia!

¡Xa o novo día alumea!
¡Xa a Sociedá dos Labregos
ten chouza de seu na aldea!

¡A noite é fría e escura
pro, ó fin, o amañecer
tráenos co sol a quentura!

¡Patriano, o meu rogo escoita!
¡Eu quero un posto á túa beira
o roxo día da loita!

Ramón Cabanillas, No desterro