CAMPANAS
DE BASTABALES
Campanas
de Bastabales,
cando
vos oio tocar,
mórrome
de soidades.
I
Cando
vos oio tocar,
campaniñas,
campaniñas,
sin
querer torno a chorar.
Cando
de lonxe vos oio
penso
que por min chamades
e
das entrañas me doio.
Dóiome
de dór ferida,
que
antes tiña vida enteira
e
hoxe teño media vida.
só
media me deixaron
os
que de aló me trouxeron,
os
que de aló me roubaron.
Non
me roubaron, traidores,
¡ai!,
uns amores toliños,
¡ai!,
uns toliños amores.
Que
os amores xa fuxiron,
as
soidades viñeron...
de
pena me consumiron.
II
Aló
pola mañanciña
subo
enriba dos outeiros
lixeiriña,
lixeiriña.
Como
unha craba lixeira,
para
oir das campaniñas
a
batalada primeira.
A
primeira da alborada
que
me traen os airiños
por
me ver máis consolada.
Por
me ver menos chorosa,
nas
suas alas ma traen
rebuldeira
e queixumbrosa.
Queixumbrosa
e retembrando
por
antre verde espesura,
por
antre verde arborado.
E
pola verde pradeira,
por
riba da veiga llana,
rebuldeira
e rebuldeira.
III
Paseniño,
paseniño
vou
pola tarde calada
de
Bastabales camiño.
Camiño
do meu contento;
i
en tanto o sol non se esconde
nunha
pedriña me sento.
E
sentada estou mirando
como
a lua vai saíndo,
como
o sol se vai deitando.
Cal
se deita, cal se esconde
mentras
tanto corre a lua
sin
saberse para donde.
Para
donde vai tan soia
sin
que aos tristes que a miramos
nin
nos fale nin nos oia.
Que
si oira e nos falara,
moitas
cousas lle dixera,
moitas
cousas lle contara.
IV
Cada
estrela, o seu diamante;
cada
nube, branca pruma;
triste
a lúa marcha diante.
Diante
marcha crarexando
veigas,
prados, montes, ríos,
onde
o día vai faltando.
Falta
o día e noite escura
baixa,
baixa, pouco a pouco,
por
montañas de verdura.
De
verdor e de follaxe,
salpicada
de fontiñas
baixo
a sombra do ramaxe.
Do
ramaxe donde cantan
paxariños
piadores,
que
ca aurora se levantan.
Que
ca noite se adormecen
para
que canten os grilos
que
cas sombras aparecen.
V
Corre
o vento, o río pasa.
Corren
nubes, nubes corren
camiño
da miña casa.
Miña
casa, meu abrigo,
vanse
todos, eu me quedo
sin
compaña nin amigo.
Eu
me quedo contemprando
as
laradas das casiñas
por
quen vivo sospirando.
..............................
Ven
a noite..., morre o día,
as campanas tocan lonxe
o tocar
do Ave
María.
Elas
tocan pra que rece;
eu non rezo que os saloucos
afogándome
parece
que por mín tén que rezar.
Campanas
de bastabales,
cando
vos oio tocar,
mórrome
de soidades
En Cantares gallegos