28 nov 2013

Álvaro Cunqueiro: Ela. Poema 1

Sabían as cerdeiras o segredo dos seus ouvidos
cheos do verde puro da acústica das fiestras
e os xardíns chamábanse polo nome das pombas que
bebían auga nos seus xurdidores.

Ela comezaba a andar.

En cada ollo nascéralle unha transmigración de avelaíñas,
e ao marcharse deixaba vocais fortes no seu sitio.

Ela tiña nome de pastor.

Álvaro Cunqueiro en Poemas do si e non

No hay comentarios:

Publicar un comentario