3 jun 2016

Xosé M. Álvarez Blázquez: Naufraxio

NAUFRAXIO

Pois ti me chamas, veño a que me digas
en que recanto da ribeira certa
hei de atracar a voz distas cantigas,
si a mar está, coma unha cuncha, aberta.

En balde esculcarás falas amigas,
agás a miña, que o teu corpo aperta
ceibándote do afán, na roita incerta
onde levas sereas por aurigas.

Mais si has seguir a virazón do vento
e non escoitas meu amante acento
nin fitas o ronsel dos meus ardores,

vararei istes soños nunha praia,
e onde o levado mar pon súa raia
iranse asolagar nosos amores.

en Canle segredo

No hay comentarios:

Publicar un comentario