1 jun 2016

Luz Pozo Garza: Os teus paxaros choven miudiño

                                     A Eduardo

Os teus paxaros choven miudiño
sobor das miñas árbres, e tamén
sobor distes meus beizos que che cantan.
Eu fago conta de que son de terra,
ou son unha silveira no teu colo,
na tua beira de ár e peixes louros.
Recibindo o sabor da tua paisaxe,
húmidas aves, novas, do teu peito,
eiquí estóu, meu amor, eiquí me choves.

en O paxaro na boca (1952).

No hay comentarios:

Publicar un comentario