14 jun 2016

Aquilino Iglesia Alvariño: Cando esperar

Cando esperar...

Cando esperare é ser onda de río
que corre, e bule, e vai, e pasa e ruxe,
e, de pedriña en pedra, á tentas fuxe
e se desvive, ó cabo, fío á fío.

Cando esperare é ser, nun travesío,
roda vella que xa come a ferruxe,
sen treitoira nin eixe que a arrenpuxe,
ó vento, ó sol, á chuva, á neve, o frio.

Cando esperare é ser són de goteira
nunha casa sin lume, desgonzada,
e herbas tristes salindo da fumeira.

Cando esperare é ser aire queimada,
ala que se quebróu, terra valeira,
muíño que non moi, agua pasada...

 Lanza de soledá,1961


No hay comentarios:

Publicar un comentario