2 jun 2016

Aquilino Iglesia Alvariño: Cruceiro aldeán

 
CRUCEIRO ALDEÁN

Na encrucillada oscura dos meus vèrsos de sombra
chantèi, piadosamènte, unha cruciña tosca,
no xabre dos meus pòbres pensamèntos.

E fun vertendo o òleo perfumado da i-alma
na cunquiña de barro destas ermas palabras
para alumar, de noite, o seu silèncio...

A lua campesiña veu pousar onde a cruz
-cansada do camiño- o seu feixe de luz...
E reza mui baixiño, mui baixiño...

...Na encrucillada oscura dos meus vèrsos de sombra
abre Xesús os brazos, cheios de paz, na fonda
señardade calada dos camiños...


en Corazón de xoellos

 Cruceiros | Cousas da emigración

No hay comentarios:

Publicar un comentario