
alumea a campía.
Atronan as campanas
o val.
Quentan o aire |
espesas bafaradas de fume. |
Corre a xente |
Berrando, atolondrada.
Ó arde-lo cume, as tellas enroxecen e estalan. Caien, cruxindo, as vigas, e o lume ás catro bandas envolve a torre. |
Muxen |
de medo os bois nas coadras.
A xente rube ó adro pra ver onde é a disgracia e ó mirar cara ó pazo detense amontoada. Érguense as mans ó ceo, e sanguiñenta, tráxica, refréxase nos ollos a roxa labarada. E un velliño, moi vello, de guedelliñas brancas, que vive de milagre, xantando cando xanta, vestido de farrapos e durmindo onde cadra, —todo por mor dun preito de rendas atrasadas, no que os donos do pazo deixárono sin nada—, ollando cara ó lume, rise, barulla e fala ¡de ir busca-lo gaiteiro para que toque a gaita! Ramón Cabanillas en Vento mareiro |