3 jun 2015

Rosalía de Castro: Unha vez tiven un cravo

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro de ferro ou de amor.
Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na Pasión.
<<Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-,
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición>>.
E doumo Dios, e arrinqueino;
mais... ¿quén pensara...? despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era delor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena...¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor...!

En Follas Novas

No hay comentarios:

Publicar un comentario