3 jun 2015

Rosalía de Castro: Bos amores

Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n?inda vir se sinten, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.
E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do espírito onde moraren.
Busca antes amores..., búscaos,
si tes quen chos poida dare,
que estes son soio os que duran
nesta vida de pasaxen.

en Follas novas

No hay comentarios:

Publicar un comentario