Nasín cando as prantas nasen,
no mes das flores nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti.
Desque te queixen, ingrato,
todo acabou para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir.
¿De que pois te queixas, Mauro?
¿De que pois te queixas, di, cando sabes que morrera por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir, con ese teu pedir tolo que non sei que quer de min, pois dinche canto dar puden avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir, nin eu teño máis que darche, nin ti máis que me pedir. | ||||||||
en Cantares gallegos | ||||||||
Este blog naceu como ferramenta didáctica, para poder dispoñer en rede dos textos dos nosos e das nosas poetas, a fin de que estean dispoñibles para a súa lectura dixital.
Etiquetas
- A. López Casanova (1)
- Amado Carballo (2)
- Antonio Noriega Valera (4)
- Antón Lopo (1)
- Aquilino Iglesia Alvariño (5)
- Arcadio López Casanova (2)
- Bernardino Graña (1)
- Cabanillas (13)
- Celso Emilio Ferreiro (19)
- Chus Pato (1)
- Curros Enríquez (6)
- Eduardo Pondal (2)
- Euxenio Montes (2)
- Fermín Bouza-Brey (2)
- Lois Pereiro (2)
- Luz Pozo Garza (2)
- Luís Pimentel (7)
- Luís Seoane (6)
- Manuel Antonio (11)
- Manuel Luís Acuña (3)
- Manuel María (1)
- Manuel Rivas (2)
- Marta Dacosta (1)
- María do Cebreiro (1)
- Mª Xosé Queizán (2)
- Méndez Ferrín (6)
- Olga Novo (2)
- Pilar Pallarés (1)
- Pimentel (1)
- Rompente (1)
- Rosalía de Castro (19)
- Uxío Novoneyra (2)
- Xela Arias (1)
- Xohana Torres (1)
- Xosé M. Álvarez Blázquez (3)
- Xosé María Díaz Castro (1)
- Álvarez Blázquez (1)
- Álvaro Cunqueiro (13)
3 jun 2015
Rosalía de Castro: Nasín cando as prantas nasen
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario