4 jun 2015

Curros Enríquez: A fouce do avó


Tres veces a afiei; foi a primeira 
cando, ardendo a seara e mais as meses, 
segou tantas cacholas de franceses 
que non colleran en montós na eira.
Foi a segunda cando, prisioneira 
a Patria dos teocráticos intreses, 
esgazou tras mil loitas e riveses 
do poder absoluto a ruín bandeira.

Pola vez derradeira afíoa agora...
-¿E para que, avoeliño? -escrama o neto, 
póndose diante del, coa faldra fóra.

-Para que segues ti -repuxo inquieto-
o froito que eu semei, e que xa cora-
dixo, e sorriu, con risa de esquileto.
 
(Aires da miña terra, 1880)

No hay comentarios:

Publicar un comentario