3 jun 2015

Rosalía de Castro: Cantan os gatos para o día

Poema Rosalia de Castro do libro Cantares Gallegos
                                                                                         
         Cantan os galos pra o día;
érguete, meu bená e vaite.
-¿Como me hei de ir, queridiña;
como me hei de ir e deixarte?
        -Deses teus olliños negros
como doas relumbrantes,
hastra as nosas maus unidas
as bágoas ardentes caen.
¿Como me hei de ir si te quero?
¿Como me hei de ir e deixarte,
si ca lengua me desbotas
e co corazón me atraes?
Nun corruncho do ten leito
cariñosa me abrigaches;
co teu manso caloriño
os fríos pés me quentastes;
e de aquí xuritos miramos
por antre o verde ramaxe
cal iba correndo a lúa
por enriba dos pinares.
¿Como queres que te deixe?
¿Como que de ti me aparte,
si máis que a mel eres dulce
e máis que as froles soave?
   -Meiguiño, meiguiño meigo,
meigo que me namoraste,
vaite de onda min, meiguiño,
antes que o sol se levante.
   -Aínda dorme, queridiña,
antre as ondiñas do mare,
dorme por que me acariñes
e por que amante me chames,
que solo onda ti, meniña,
podo contento folgare.
   -Xa cantan os paxariños,
érguete, meu ben, que é tarde.
   -Deixa que canten, Marica;
Marica, deixa que canten...
Si ti sintes que me vaia,
eu relouco por quedarme.
   -Conmigo, meu queridiño,
mitá da noite pasaches.
   -Mais en tanto ti dormías,
contenteime con mirarte,
que así, sorrindo entre soños,
coidaba que eras un ánxel,
e non con tanta pureza
ó pé dun ánxel velase.
   -Así te quero, meu ben,
como un santo dos altares;
mais fuxe..., que o sol dourado
por riba dos montes saie.
   -Irei, mais dáme un biquiño
antes que de ti me aparte,
que eses labiños de rosa
inda non sei como saben.
   -Con mil amores cho dera,
mais teño que confesarme,
e moita vergonza fora
ter un pecado tan grande.
   -Pois confésate, Marica,
que cando casar nos casen,
non che han de valer, meniña,
nin confesores nin frades.
¡Adios, cariña de rosa!

   -¡Raparigo, Dios te garde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario