7 oct 2013

Manuel Luís Acuña: "Gris"



Nin branco nin preto. Eso.

Nuo. Orfo

Sin tremores de ríos nin badaladas de páxaros.

Sin ritmo de astros nin estraligos de noite medoñenta.

Sin oubeo de lobos, cando o vento galga por cómaros e crevadas.

Sin salaios de arbres, cando asolagan rosas nos remuiños do solpor.

Periférico.

Sin cerne nin miola.

Chairo.

Sin apertas de curvas nin adeuses de penedías.

Gris.

Manuel Luís Acuña

No hay comentarios:

Publicar un comentario