MEU NAVÍO leva ao vento
no mastro eterno da noite
o treu do meu pensamento.
Leda vai a nao
na proa unha frol;
a rosa albariña
do meu corazón.
Amiguiña, crara estrela,
dame a aguillada de un bico
para apurrar a gamela.
Leda vai a nao, "et sic"
Por navegar ao desvío
varéi a miña chalana
no teu corazón-baixío.
Leda vai a nao, "et sic"
Os agros van de ruada.
Vinde rúar polas ondas
levarés a herba mollada.
Leda vai a nao, "et sic"
O faro de Corrubedo
co seu ollo largasío
ai amor, púxome medo.
Leda vai a nao, "et sic"
Deitouse o mar, foise o vento
no mastro da noite albean
os liños do pensamento.
Leda vai a nao,
a bordo un amor;
é granada a rosa
do meu corazón.
Fermín Bouza Brey en Nao senlleira
Este blog naceu como ferramenta didáctica, para poder dispoñer en rede dos textos dos nosos e das nosas poetas, a fin de que estean dispoñibles para a súa lectura dixital.
Etiquetas
- A. López Casanova (1)
- Amado Carballo (2)
- Antonio Noriega Valera (4)
- Antón Lopo (1)
- Aquilino Iglesia Alvariño (5)
- Arcadio López Casanova (2)
- Bernardino Graña (1)
- Cabanillas (13)
- Celso Emilio Ferreiro (19)
- Chus Pato (1)
- Curros Enríquez (6)
- Eduardo Pondal (2)
- Euxenio Montes (2)
- Fermín Bouza-Brey (2)
- Lois Pereiro (2)
- Luz Pozo Garza (2)
- Luís Pimentel (7)
- Luís Seoane (6)
- Manuel Antonio (11)
- Manuel Luís Acuña (3)
- Manuel María (1)
- Manuel Rivas (2)
- Marta Dacosta (1)
- María do Cebreiro (1)
- Mª Xosé Queizán (2)
- Méndez Ferrín (6)
- Olga Novo (2)
- Pilar Pallarés (1)
- Pimentel (1)
- Rompente (1)
- Rosalía de Castro (19)
- Uxío Novoneyra (2)
- Xela Arias (1)
- Xohana Torres (1)
- Xosé M. Álvarez Blázquez (3)
- Xosé María Díaz Castro (1)
- Álvarez Blázquez (1)
- Álvaro Cunqueiro (13)
No hay comentarios:
Publicar un comentario