Atopamos esta madrugada
n-a gayola do Mar
unha illa perdida (1)

Vai a saír o Sol
improvisado e desourentado
Xa temos tantas estrelas
e tantas luas sumisas
que non caben n-o barco nin n-a noite
Xuntaremos paxaros sin xeografía
pra xogar c'as distanzas
das suas áas amplexadoras
E os adeuses d'as nubes
mudos e irremediabes
E armaremos unha rede de ronseles
pra recobrar as saudades
c'o seu viaxe feito
pol-os oucéanos d'o noso corazón.
(1)"O mar adentro é unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes" (nota de Manuel Antonio)
Manuel Antonio en De catro a catro
No hay comentarios:
Publicar un comentario