1 dic 2020

Xosé Mª Díaz Castro: "Penélope"

 Un paso adiante i outro atrás, Galiza

i a tea dos teus sonos non se move.

a espranza nos teus ollos es esperguiza.

Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrella o sono mol como unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil ano,

i en sonos volves a escoitar a chuvia.


Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados coma sono,

o tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando suco a suco, o Outono.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


Xosé Mª Díaz Castro en Nimbos

No hay comentarios:

Publicar un comentario