1 dic 2020

Uxío Novoneyra: Vietnam canto

 "Vietnam canto"
 
CUMES CUMES CUMES COM'ESTES ENCHEN
UNHA VEZ POR CADA MORTE

VIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMM
 
metan na casa a verba na cociña na mesa        na cama xa está
e calar calarcalaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrr
hastr'o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSAUSA
 
un morte
dous mortos
tres / trinta mortos
trescentos / tres mil mortos
OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 MORTOS
tódalas os se volven ceros 00000000000000000000
baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á máquina
difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón 
do monzón
na lua do TEIT
 
dá vergonza vivir
dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA
 
cándo remata un pobo?
    un pobo nace sempre
non remata nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca 
 
seino por vós
pobo como o meu
GALICIA pequeniña
sola cousa de todos
 
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
todos mortos
mortos caindo polos teletipos
lúas de LI PO afondadas pra que a lus seña de A de 
LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAA
 
ouh cánto teño de vós pequeno que son de esta paz morta
 
noitenoite
partir esta n /o / i / t / e en anacos
que en cada un só quepia un home
en
 
entran nas cidades do SUL ESTE        lonxe
e xa todas son a aldeiña dó lado
HUE SAIGON DANANG
con irmaos e parentes meus
galegos de a diario
mais que nono esqueceron como nolo esquecemos
tanto que ás veces perto chaman home
ollamos por quén.
 
non son eu tamén que eiquí quedo
que estou matando eilí
luxando GALICIA como luxan
KANSAS NEW JERSEY CALIFORNIA COLORADO IOWA
nomes tan limpios?
 
perdón por esta paz
PAZ en carteles xunto a COCACOLA
PAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZ 
pra tapar tanto tanto
muro
 
valeiránnolos nomes
mais inda
indainda pobo
podo decir o teu con forza
inda se pode decir o teu nome dos que alá cain
podemos
 
deles temos de novo nome:
home pobo
/ MARÍA MARIÑO    dinamiteira da FALA / 
home- pobo
home- pobo

aquíl por siglos foi un pobo como é o meu
o meu por anos foi un pobo como é aquíl

IRMANDIÑOS DE GALICIA VIETCONG

entre miña nai     ANA amor    iles
entre iles    amor    ANA    ti
tres estudiantes en LUGO    sin os nomes
en VIGO    MÉNDEZ FERRÍN    co'il
e vós     MARÍA MARIÑO        CHÉ bágoas 1967

non
eu sei que cantar non é igoal
perdón tamén por iste tempo cas palabras
anque sinceiras tein tarde polos lados
e puntos suspensivos calcados do refrigerador dun cañón.

Uxío Novoneyra (1967)

 

Aquí deixo o poema Vietnam canto, de Uxío Novoneyra, recitado.

https://youtu.be/cGBHtVirQyQ

No hay comentarios:

Publicar un comentario