28 nov 2023

Luís Seoane: "Cantiga aos emigrantes"

 "Cantiga aos emigrantes"

Pic-nic
Olla, si rudadeiro badías polas hoxe calmas rúas
ou camiñas pola beira lamacenta do Río de la Plata.

É un aballoado domingo de xaneiro, ardente e húmido,
día de foliada pra os máis, ou de pic-nic coma din,
en Olivos, San Isidro, nas baixadas de Belgrano, ao sur en Quilmes
ou noutros povos do longo enfastioso Gran Buenos Aires,
baixo un ceo de sesta, quedo e cuasi branco;
perto do río broslado de salgueiros pingós medrando na iauga
axúntanse en campós, de metros cadrados de po costusos,
acoutados de aramio, sen perdón a tanto a entrada,
os asociados das trescentas e máis sociedades de emigrados.
Viñeron moitos deles en camiós de cárrega dende o centro da cibdade
i en algúns destes veu soando a gaita, con lizgairo estrondo
os moionos durmintes espilindo. Ao soído do antigo paisán istrumento
axuntábanse os ledos alalás e o forte bater de mans.
A filla doinairosa daqueles que estuda inglés, baila,
ao son do programa especial bailábel da radio,
co fillo gasalleiro destes, que estuda comercial.

Galiza está lonxe. Mais os nomes das súas parroquias e das súas comarcas
osténtanse coma divisas medioevaes penduradas dos aramios.
Bailando conxuran a tristeira de América
onde a Vía Láctea, menos escintilante, non leva deica algures,
e as mozas non enfeitan os cabelos con grinaldas.
Estas non son as terras de adaxe que lles prometeron
e moito teñen de esquecere rindo e bailando antre o po e o vento.
Pouca groria merecen aqueles que adrolaron a tanto inxenuo mozo.

Fardel de eisiliado (1952)

No hay comentarios:

Publicar un comentario