24 ene 2022

Luís Seoane, "Noso pobo"

 

Un pobo vivindo na anarquía

dende fai mi anos.

Antre embargos,

vilanías,

benzoarios,

herdanzas,

repartos.

Despoxado polos señores.

Abarreirado nas montañas,

polo océano.

Pendurado polo sexo e a intuición

á porta da Historia

sin decidirse a entrar nela.

Chuchado polo desespero,

sin berralo.

Mixturado cxa leña,

a palla, o gando.

En loita co vento e as choivas,

o penedo e a mar.

Un inmenso corpo, este pobo,

en parrafeo permanente cas pantasmas familiares.

Calmo.

Desarraizándose.

Resistindo as contrariedades,

o falso testemuño,

a derrota.

Vendo medrar as súas fatalidades.

Os coutamentos.

As cautividades.

Un pobo, o noso,

vivindo en sí mesmo.

Esmagado cen veces en mil anos

e dondamente afirmándose

na propia terra e lonxe de esa terra.

Noutras terras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario