25 ene 2022

Aquilino Iglesia Alvariño: "Cando esperar..."

 1 Cando esperare é ser onda de río

    que corre, e bule, e vai, e pasa e ruxe,

    e, de pedriña en pedra, á tentas fuxe

    e se desvive, ó cabo, fío á fío.


5  Cando esperare é ser, nun travesío,

    roda vella que xa come a ferruxe,

    sen treitoira nin eixe que a arrenpuxe,

    ó vento, ó sol, á chuva, á neve, o frio.

 

    Cando esperare é ser són de goteira

10 nunha casa sin lume, desgonzada,

    e herbas tristes salindo da fumeira.

 

    Cando esperare é ser aire queimada,

    ala que se quebróu, terra valeira,

    muíño que non moi, auga pasada...

                En Lanza de soledá (1961)

No hay comentarios:

Publicar un comentario