24 ene 2022

Luís Seoane, "As ratas"

Na Galiza, ise vello pobo,
carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandonados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Desde fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Vencendo sempre as ratas.

Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de label.
Morándoa soio as ratas.
Soamente as ratas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario