21 abr 2021

Rompente: "Silabario da turbina"

Silabario da turbina rompente grupo de comunica - Vendido en Venta Directa  - 85988788
 -SILABARIO DA TURBINA
(fragmento para proseguir)-
/resume do anterior publicaco, a xeito de balada 
baladí:
    "...e mañá moi cedo
    que a sirena chame traballo e revolta
    que os versos proclamen o silencio das 
                                                        explosións"/

turbina é máquina aparello e palabra
axuntados de suxestión moi mecánica
turbina pode ser vómito de letras escuras
producción rupestre e plástico do que falamos.

turbina é marabilla
(aínda gutemberg non nacera e turbina era trobeira)
 
turbina é comparanza
escupideria cóncava e putona de recibir
escritura
cinza despois do lume

turbina é palabra preciosa
resume da maquinaria que me escaralla (bis)
modo de producción dos nomes de nomes de
                                                    cousas-seica poemas
 
turbina é tráfico
caída
explosión do vómito de letras escuras
-STOP- ringleira de seres coma berce esnaquizada
 
turbina é mentira inventada
espello da fábrica dos versos con destino caligráfico
 
turbina é cousa non coñecida
-ver esbozo enciclopedia-
signo convencional
nome de muller
tu-tuah-tu-tuah que me escaralla (bis)


No hay comentarios:

Publicar un comentario