
(«Eu son a morte...», dixo Oppenheimer, cando viu os efectos da bomba atómica que el contribuíra a crear. Lembrou a frase do Bagha-vad Gita: "Eu son a morte, a destructora de mundos». Isto é algo semellante.)
Acróstico
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ao fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.
Novembro 94
Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)
No hay comentarios:
Publicar un comentario