23 abr 2021

OLGA NOVO: “Os líquidos íntimos”

 coa miña pel podes facer inxertos nas mazairas.


algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas

tódalas tardes ó volver da escola.


acostumada a tirar por un poema como por un bacerro cando se lle ven as patas,

cando xa non se está en idade de medrar

toda maduración require un desgarro de tendóns

entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras

que non se dirixen a ningunha parte,

sóbenme ás paredes desde as que te vexo,g

Arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.


o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.


e case non podo soportar que as túas mans me acariñen

como a la dos xerseis que me facía a miña nai cando era nena.


pero coa miña pel

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.


Olga novo en Nos Nus (



No hay comentarios:

Publicar un comentario