20 mar 2013

Aprender literatura en internet


Internet está cambiando o modo de aprender. Tamén de aprender literatura. Xa non hai que ir á biblioteca e buscar nunha enciclopedia a información sobre un autor ou unha obra. Agora a rede nos ofrece a maior enciclopedia do mundo: podemos buscar información sobre un escritor ou escritora, pero tamén podemos saber o que os críticos e os lectores pensan da súa obra, podemos observar a súa vida en imaxes, podemos ver presentacións didácticas dos distintos períodos literarios e mesmo podemos ler directamente os textos. O acceso inmediato á información e aos propios textos dos autores abre un enorme campo á nosa curiosidade.
Para a literatura galega hai páxinas interesantes que non podemos deixar de visitar. Para coñecer a vida e obra dos nosos autores e autoras pódese consultar evidentemente a galipedia, moi actualizada e con referencias de practicamente todos os escritores da historia da nosa literatura, mesmo aqueles menos coñecidos. Bastará con teclear no buscador o nome . O mesmo tipo de información, dun xeito máis sinxelo ofrece a páxina "autores galegos" Se o que buscamos son textos, resulta imprescindible a páxina da Biblioteca Virtual Galega, onde non só nos ofrece datos biográficos e a bibliografía dos autores, senón que podemos atopar tamén moitos dos seus textos, algúns deles escaneados das publicacións orixinais, así como arquivos sonoros con poemas lidos. Unha páxina imprescindible para coñecer as cantigas medievais galego-portuguesas é a páxina portuguesa Cantigas medievais galego-portuguesas onde atopamos todos os textos dos nosos cancioneiros. Para coñecermos os nosos autores de hoxe, podemos consultar a páxina da Asociación de escritores en lingua galega.

Non é un elenco exhaustivo, pero non está mal para empezar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario