Aquí vos deixo unha brevísima historia da literatura galega. Con menos palabras non se pode dicir!
Este blog naceu como ferramenta didáctica, para poder dispoñer en rede dos textos dos nosos e das nosas poetas, a fin de que estean dispoñibles para a súa lectura dixital.
Etiquetas
- A. López Casanova (1)
- Amado Carballo (2)
- Antonio Noriega Valera (4)
- Antón Lopo (1)
- Aquilino Iglesia Alvariño (5)
- Arcadio López Casanova (2)
- Bernardino Graña (1)
- Cabanillas (13)
- Celso Emilio Ferreiro (19)
- Chus Pato (1)
- Curros Enríquez (6)
- Eduardo Pondal (2)
- Euxenio Montes (2)
- Fermín Bouza-Brey (2)
- Lois Pereiro (2)
- Luz Pozo Garza (2)
- Luís Pimentel (7)
- Luís Seoane (6)
- Manuel Antonio (11)
- Manuel Luís Acuña (3)
- Manuel María (1)
- Manuel Rivas (2)
- Marta Dacosta (1)
- María do Cebreiro (1)
- Mª Xosé Queizán (2)
- Méndez Ferrín (6)
- Olga Novo (2)
- Pilar Pallarés (1)
- Pimentel (1)
- Rompente (1)
- Rosalía de Castro (19)
- Uxío Novoneyra (2)
- Xela Arias (1)
- Xohana Torres (1)
- Xosé M. Álvarez Blázquez (3)
- Xosé María Díaz Castro (1)
- Álvarez Blázquez (1)
- Álvaro Cunqueiro (13)
20 mar 2013
Aprender literatura en internet
Internet está cambiando o modo de aprender. Tamén de aprender
literatura. Xa non hai que ir á biblioteca e buscar nunha enciclopedia a información sobre un autor ou unha obra. Agora a rede nos ofrece a maior enciclopedia do mundo: podemos buscar información sobre un escritor ou escritora, pero tamén podemos saber o que os críticos e os lectores pensan da súa obra, podemos observar a súa vida en imaxes, podemos ver presentacións didácticas dos distintos períodos literarios e mesmo podemos ler directamente os textos. O acceso inmediato á información e aos propios textos
dos autores abre un enorme campo á nosa curiosidade.
Para a literatura galega hai páxinas interesantes que non podemos deixar de visitar. Para coñecer a vida e obra dos nosos autores e autoras pódese consultar evidentemente a galipedia, moi actualizada e con referencias de practicamente todos os escritores da historia da nosa literatura, mesmo aqueles menos coñecidos. Bastará con teclear no buscador o nome . O mesmo tipo de información, dun xeito máis sinxelo ofrece a páxina "autores galegos" Se o que buscamos son textos, resulta imprescindible a páxina da Biblioteca Virtual Galega, onde non só nos ofrece datos biográficos e a bibliografía dos autores, senón que podemos atopar tamén moitos dos seus textos, algúns deles escaneados das publicacións orixinais, así como arquivos sonoros con poemas lidos. Unha páxina imprescindible para coñecer as cantigas medievais galego-portuguesas é a páxina portuguesa Cantigas medievais galego-portuguesas onde atopamos todos os textos dos nosos cancioneiros. Para coñecermos os nosos autores de hoxe, podemos consultar a páxina da Asociación de escritores en lingua galega.
Non é un elenco exhaustivo, pero non está mal para empezar.
4 mar 2013
Intencións
Non é fácil atopar en internet moitos poemas en galego dos autores e
autoras clásicos e contemporáneos, en realidade cada vez é máis difícil
atopar material en galego na rede. Sen embargo os nosos escritores e
escritoras teñen un ben merecido espazo, e sobre todo, hoxe en día en
que cada vez a lectura dixital vai gañando terreo á lectura en papel,
resulta imprescindible que os textos dos e das poetas galegos estean
dispoñibles tamén neste soporte. Espero que este espazo colectivo,
construído coa axuda do meu alumnado, sirva para dar difusión dixital a
parte da nosa tradición literaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)